Libraría

Lana Corujo presenta «Han cantado bingo» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación de Han cantado bingo (Reservoir Books) de Lana Corujo o mércores 20 de maio ás 19:00h. A autora estará acompañada pola xornalista Belén Teiga. A entrada é libre ata completar aforo.

Todo comeza cun xogo: algunhas noites, nos dez minutos suspendidos antes de que Avoa regrese do bingo, dúas irmás saen ás agachadas pola porta de atrás ata El Ahorcado —un volcán redondo como un bandullo boca arriba—, contan ata tres e corren de volta sen mirar atrás. Con todo, unha noite algo cambia… porque unha vez traspasado o terreo dunha infancia violenta, como se mira o mundo?

Nun cartón de bingo aparecen quince números —os mesmos que as idades da protagonista ao longo da novela, presentes como unha mosca ou unha bolboreta voando arredor do título de cada capítulo—, e neses dez minutos suspendidos que dura unha partida, todo é posible. Han cantado bingo presenta unha familia cun don que se herda e se sofre, e unha historia agreste como o rofe groso de Lanzarote. Cunha linguaxe xoguetona e cativadora, cruel e belísima, Lana Corujo achéganos aos silencios e á culpa, ás verbenas, ás feridas e á maxia escura que só se tece entre dúas irmás que comparten un segredo.

Lana Corujo (Lanzarote, 1995) fórmase en Ilustración e Direción de Arte en Madrid. En 2021 regresa á illa, onde vive actualmente. Impulsou o Encuentro de Literatura Verbena, con tres edicións ás súas costas. Publicou Ropavieja (Editorial Dieciséis, 2021), coa que foi seleccionada polo Ministerio de Cultura para participar na Feira do Libro de Frankfurt en 2022, con España como invitado de honra. Foi bolseira polos Centros de Arte, Cultura e Turismo de Lanzarote para realizar una residencia artística coa Fundación ACE en Bos Aires en 2023. Expuxo no Museo de Arte Contemporáneo de Lanzarote coa mostra «El Traspatio» (2022), ademais de participar en outras, como «Duelos» (2023), «Categórico Retrato» (2021) e na Madrid Design Week en 2020. Tamén comisariou as exposicións «Tayó: Jugando entre líneas» e «Calima Purpurina», de Marina Speer, ambas en El Almacén, un centro cultural de Lanzarote. Han cantado bingo (Reservoir Books, 2025) é a súa primeira novela, pola que recibiu o Premio Javier Morote á mellor autora revelación e o Premio Librería de Mujeres 2025.