Libraría

Conversa literaria con Marta Pessarrodona e Helena Capera

A xornalista Helena Capera entrevistará na Libraría NUMAX á escritora catalana Marta Pessarrodona para achegarnos á súa traxectoria literaria e feminista. A cita será o mércores 19 de setembro ás 20:00.

Co gallo da súa visita a Santiago de Compostela, a escritora Marta Pessarrodona fará unha parada na Libraría NUMAX o vindeiro mércores 19 de setembro ás 20:00 para conversar coa xornalista Helena Capera, tamén catalana. A literatura e o feminismo serán os eixos deste diálogo que estará aberto a quen queira participar del. Agardámosvos!

Marta Pessarrodona (Cataluña, 1941) é unha escritora e crítica literaria cunha longa traxectoria en lingua catalana. Ademais, cultivou o ensaio e o xénero biográfico e ten traducido a autoras tan emblemáticas do feminismo literario como Doris Lessing, Virginia Woolf ou Susan Sontag. É autora de libros como Primers dies de 1968 (1968), Setembre 30 (prologado por Gabriel Ferrater, 1969), Vida privada (1972), Memòria (1979), A favor meu, nostre (1981), Tria de poemes (1994) o L'amor a Barcelona (1998). En 1997 recibiu a Cruz de San Jorge da Generalitat de Cataluña. En 2007 publicouse unha antoloxía da súa obra poética. Polas súas obras publicadas no 2010, o poemario Animals i plantas e os ensaios Francia: enero 1939. La cultura catalana exiliada y L´exili violeta, foi galardoada co Premio Nacional de Literatura de la Generalitat de Cataluña.

Podes consultar AQUÍ o itinerario bibliográfico que a escritora nos deixou para NUMAX.

Helena Capera (Barcelona, 1983). Licenciada en Xornalismo, traballou na radio e en medios de prensa escrita antes de saltar ao sector das ONGD. Dende hai 8 anos é responsable da área de comunicación e sensibilización da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. É activista feminista e defensora das linguas minorizadas. Aprendeu o amor pola lectura da súa nai. Nos seus estantes conviven as novelas de Montserrat Roig e Begoña Caamaño, os poemas de Maria Mercè Marçal e Lupe Gómez e os ensaios de Marina Garcés e Diana J. Torres.