Libraría

NUMAX únese ao Día das Librarías con descontos do 5% este sábado 11 de novembro!

Comeza a conta atrás para unha celebración moi especial para nós! Este sábado 11 de novembro de 2023, a librería NUMAX ofrecerá un desconto do 5% en todas as compras de libros tanto en tenda como na web para conmemorar o Día das Librerías. Lembrade, nas librarías hay vida!

Unha oportunidade para que as e os lectores/as se acheguen e gozen dun día de celebración especial para todas as librarías independentes do Estado Español. Pasa por NUMAX para escoller o teu libro, descubrir novas historias ou deixarte levar polas recomendacións da túa libreira de confianza. 

CEGAL (Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros), no día da celebración do Día das Librarías queren destacar o esforzo das librerías por manterse vivas e activas, xerando cultura e comunidade a través dos libros e da lectura. Ademais, queren dar as grazas a todas as persoas usuarias que elixen as librarías independentes para preservar o seu espazo no mundo da lectura. Apoiar ás librarías é esencial para manter vivos os nosos espazos culturais e fomentar a estimulación da imaxinación, cultivar o pensamento crítico e enriquecer a nosa vida.