Libraría

Pedro Torrijos presenta «Territorios improbables» en NUMAX

O arquitecto e contador de historias Pedro Torrijos visitará a Libraría NUMAX para a presentación do seu libro Territorios improbables (Kailas Editorial, 2021). No acto, que terá lugar o próximo mércores 6 de outubro ás 20:00 da tarde, el autor estará acompañado do historiador da arte e divulgador Miguel Ángel Cajigal, coñecido en redes sociais como El Barroquista.

Contar historias, a arquitectura e Twitter son as paixóns de Pedro Torriijos. O autor repasa neste libro historias de edificios, cidades e lugares que nin sequera aparecen nas guías de viaxe e faino con sentido do humor e cun fin divulgativo. En Territorios improbables. Historias sobre lugares que (casi) no sabías que existían, as lectoras e lectores atoparán un almanaque de curiosidades que nos levan dende a Casa Sutyagin en Rusia á piscina La Isla no río Manzanares de Madrid, ou dende a cidade amurallada de Kowloon ao rañaceos de Benidorm. O acto terá lugar o mércores 6 de outubro ás 20:00 horas na Libraría NUMAX, nel o autor estará acompañado do historiador da arte e divulgador Miguel Ángel Cajigal, coñecido en redes sociais como El Barroquista.

Esta presentación ten prazas limitadas e aconséllase reserva previa no correo [email protected]. Se non podes asistir ou quedas sen praza poderás ver a presentación desde a casa en streaming a través das nosas redes sociais en Facebook e Instagram Live (@numaxcoop).

Pedro Torrijos (Madrid, 1975) é arquitecto de formación e escritor de historias. Grazas as redes sociais xuntou as súas dúas grandes paixóns, creando dende a súa conta de Twitter #LaBrasaTorrijos, unha serie de fíos falan dunha obra arquitectónica, Tamén escribe para xornais e medios dixitais como El País, Yorokobu ou Jot Down, entre outros, e presentou e dirixiu paisaxes sonoras para o podcast Curiosidad Radical producido por Podium. Territorios improbables. Historias sobre lugares que (casi) no sabías que existían é o seu primeiro libro.

Miguel Ángel Cajigal (A Coruña, 1981) é historiador da arte, profesor e divulgador cultural, coñecido en redes sociais como El Barroquista. Como investigador desenvolveu o seu traballo en institucións como o Kunsthistorisches Institut de Florencia ou a Kunstbibliothek de Berlín, entre outras. Na actualidade é o responsable académico do Máster en Educación en Museos y Espacios Culturales de la Universidad Europea Miguel de Cervantes. Colabora no programa Galicia por Diante de Radio Galega e no programa de divulgación histórica El condensador de fluzo de La 2 de Televisión Española. En outubro deste 2021 publicará o seu libro Otra historia del arte (Plan B Editorial).