NUMAX

NUMAX, premio ao mellor proxecto cooperativo do 2015

A Consellaría de Traballo, a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social da Xunta de Galicia, logo da reunión do xurado celebrada o pasado 2 de xuño, acordou concederlle a NUMAX​ S. Coop. Galega o PREMIO AO MELLOR PROXECTO COOPERATIVO 2015.

Logo de tantos meses de esforzo, queremos aproveitar para compartir convosco a inmensa alegría e satisfacción coa que recibimos esta nova e dedicarvos o premio:

ás persoas avalistas, abonadas, a aquelas que enchedes o Cinema, mercades na Libraría ou nos encomendades traballos no Laboratorio, a quen nos destes e dades ánimo, soporte e apoio de tan distintas maneiras. A quen, en definitiva, vides por NUMAX, entrades e saídes, falades connosco e facedes deste proxecto algo vivo e polo que paga a pena seguir traballando.

A entrega do premio, dotado con 5.000 euros, celebrarase o vindeiro 4 de xullo, Día do Cooperativismo, na Cidade da Cultura.

http://www.cooperativasdegalicia.com/webs/enlacesaxudas2015/enlacesaxudas.html

Fotografía: Tamara de la Fuente