Dores Tembrás presenta «Auga a través» na Libraría NUMAX

O vindeiro venres 16 de setembro ás 20:00 na Libraría NUMAX terá lugar a presentación do micropoemario Auga a través, de Dores Tembrás, nun acto que contará coa presenza da autora acompañada de Antía Otero, da editorial Apiario, e os directores d'Os días afogados, Luis Avilés e César Souto.
A historia de Auga a través, micropoemario de Dores Tembrás editado por Apiario, e o documental de César Souto e Luis Avilés Os días afogados atópase intimamente entrelazadas. O venres 16 de setembro cruzaranse de novo os seus camiños en NUMAX, coa presentación do libro editado en formato plaquette ás 20:00 e a estrea do filme ás 22:00. No acto a escritora e os cineastas darán conta de como xurdiu esta feliz e tamén casual relación interartística.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Memorias dun caracol
VOSE
-
-
Following
VOSE
-
-
María Callas
VOSE
-
-
O home elefante
VOSE
-
-
María Callas
VOSE