Día das Librarías con Ramón Lluís Bande
O venres 10 celebramos en NUMAX o Día das Librarías coa presentación da última obra do escritor e cineasta Ramón Lluís Bande, a quen acompañará o escritor e xornalista Iván Cuevas.
A Libraría NUMAX acollerá a partir das 19:30 do venres 10 a presentación de Cuaderno del Paisaje. Trátase dun relato dos relatos contados nos tres filmes que o autor realizou sobre os guerrilleiros republicanos asturianos: Estratexa, Equí y N'otru tiempu e El nome de los árboles, esta última estrea no Cinema NUMAX. Durante toda a xornada aplicarase o 5% de desconto a todas as compras realizadas na Libraría NUMAX.
O venres 10 ás 19:30 na Libraría NUMAX celebramos o Día das Librarías coa presentación da última obra do escritor e cineasta asturiano Ramón Lluís Bande, a quen acompañará o escritor e xornalista Iván Cuevas.
CUADERNOS DEL PAISAJE é un relato dos relatos contados nos tres filmes que o autor realizou sobre os guerrilleiros republicanos asturianos: Estratexa, Equí y N'otru tiempo e El nome de los árboles. Durante toda a xornada aplicarase o 5% de desconto a todas as compras realizadas na Libraría NUMAX.
Ramón Lluís Bande, nacido en Xixón en 1972, é cineasta e escritor. Entre as súas películas que exploran as linguaxes da non ficción destacan títulos como El fulgor (2002), Estratexa (2003), De la Fuente (2004), El paisano. Un retratu colectivu (2005), La carta de Bárbara (2007), Equí y n’otru tiempu (2014), El nome de los árboles (2015) e Vida vaquera (2016), que se proxectará en NUMAX dentro de Cineuropa Compostela. Entre as súas ficcións: Malu (1999), L’aire les castañes (2001), Divina Lluz (2005) ou Llar (2014) –en colaboración con Elisa Cepedal. Tamén dirixiu películas musicais para Nacho Vegas, Manta Ray, Mus, Viva Las Vegas ou Aroah, entre outros. Nos últimos anos creou e dirixiu varias series documentais para a televisión pública asturiana (RTPA), como Camín de cantares (2007-2011), Camín (2012-2016), Ende (2012) –codirigida con Luis Argeo-, Güelos (2014) ou L’alzada (2015). Na mesmo canle dirixe desde hai dez anos a revista audiovisual de cultura asturiana, Pieces. Con máis dunha decena de libros editados, unha selección da súa obra narrativa, escrita orixinalmente en asturiano, foi traducida ao castelán no volume As habitacións baleiras (Caballo de Troya, 2010).