Presentación do almanaque de Ceos Galegos 2019
A presentación será o mércores 2 de xaneiro ás 20:00. Contaremos co seu editor, X. Dositeo Veiga e coa música en directo de Juan Vázquez.
Este é o segundo ano no que se publica o almanaque de Ceos Galegos. Un calendario de gran formato con imaxes de fotógrafos profesionais e afeccionados feitas en Galicia. Ao longo das súas 14 páxinas percorre paisaxes típicas, fenómenos atmosféricos singulares, solpores, ceos estrelecidos e algunha imaxe astronómica de ceo fondo. Cada imaxe ten un texto breve explicando o que se observa, recollendo páxina a páxina e de xeito didáctico, conceptos e temas diversos e interesantes.
O calendario astronómico ten as seguintes características:
- portada con contraportada, 12 páxinas para os meses e cartón protector
- impresión en estucado mate de 200 g con lacado protector mate, cun cartón base de 300 g, encuadernación wire-o e colgador de parede
- tamaño de 48 x 34 cm, coas fotografías a sangue ocupando máis das tres cuartas partes do papel
- impresión en estucado mate de 200 g con lacado protector mate, cun cartón base de 300 g, encuadernación wire-o e colgador de parede
- os fotógrafos escollidos están entre o mellor do panorama galego de fotografía nocturna e astronómica, tanto afeccionados coma profesionais
- efemérides astronómicas galegas, fases lunares e directorio de entidades astronómicas
- presentación a mes visto, con espazo para anotacións
En cada páxina retrátase un lugar, unha paisaxe, un obxecto astronómico ou un monumento. Ao longo do ano percorre:
- Vía Láctea desde o concello da Cañiza (Pontevedra)
- Cabo Vilán (Camariñas, A Coruña)
- Castelo de Santa Cruz en Oleiros (A Coruña)
- Pico Sacro en Boqueixón (A Coruña)
- Montañas de Trevinca na Veiga (Ourense)
- Castro de Santa Tegra na Guarda (Pontevedra)
- Atalia na Guarda (Pontevedra)
- Praia do Vilar en Ribeira (A Coruña)
- Illas Cíes (Pontevedra)
- Illa de Sálvora (Pontevedra)
- Observatorio de Forcarei (Pontevedra)
- Monte Pinto en Carnota (A Coruña)
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Nai
VOSE
-
-
-
Queer
VOSE
-
-
A luz que imaxinamos
VOSE
-
-
Parthenope
VOSE