Libraría

A Libraría NUMAX acolle a presentación da novela gráfica «Sentinelas da lúa carmesí»

Libraría NUMAX acollerá o mércores 17 de xaneiro ás 20:00h a presentación da banda deseñada «Sentinelas da lúa carmesí» de Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande, editado por Galaxia. Na actividade, os autores estarán acompañados pola xornalista Montse Dopico. A entrada é libre ata completar aforo. 

Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande son os autores de Sentinelas da lúa carmesí, un álbum de banda deseñada -o primeiro dunha serie de tres-, que ambienta un relato de aventuras nun mundo derivado das lendas e mitos da tradición oral galega. Meigallos e covas das mouras mestúranse coas peripecias dunha cuadrilla de mozos que navegan entre o mundo real e o fantástico. O volume é un dos que abre a nova colección de banda deseñada da editorial Galaxia. Na presentación, que terá lugar o vindeiro mércores 17 de xaneiro ás 20h00 da tarde, participarán os tres autores. A entrada é libre ata completar aforo. 

Alexandre Senande naceu en Santiago de Compostela en 1991. Estudou Belas Artes na universidade de Vigo, na facultade de Pontevedra, e especializouse en debuxo e guión de cómic na Escola Profesional de Banda Deseñada “O Garaxe Hermético”. Comezou a súa carreira profesional coa obra Sentinelas da lúa carmesí.

Ozo Perozo naceu en Vigo en 1975 e traballa coma director no audiovisual galego, tendo participado en series como A lei de SantosMétodo criminal ou Serramoura. Cunha ampla formación como guionista, escribiu para series como O Faro e Fontealba e actualmente imparte cursos de guión cinematográfico. Sentinelas da lúa carmesí é o seu primeiro traballo en banda deseñada.

Andrés Castro (A Coruña, 1976) defínese como crítico de cinema, guionista, pai a tempo completo e funcionario no tempo libre. Desde 2013 leva a sección de cinema no Sermos Galiza (Nós Diario). Foi xurado en diversos festivais galegos, participou no libro colectivo Vaca Films, paixón polo cinema, e dirixiu e guionizou varias curtametraxes. Sentinelas da lúa carmesí marca o seu debut na BD.