Presentación de «Sálvora. Diario de un farero», na Libraría NUMAX
Julio Vilches presenta o xoves 28 de decembro ás 20:00 na Libraría NUMAX a súa persoal bitácora como fareiro da illa de Sálvora, publicada na editorial Hoja de Lata, que recolle o período que vai do ano 1980 ao 2000. A presentación estará acompañada da proxección da curtametraxe El farero de Sálvora, de Gloria Vilches.
Julio Vilches, técnico mecánico en sinais marítimos, chegou a Sálvora en 1980 para ser o fareiro da illa. Alí quedaría durante 37 anos, tempo no que encheu 17 libros de servizo, xunto a outros dous torreiros: notas técnicas que co tempo foron incorporando outros detalles da súa vida diaria. No ano 2006 xuntou estas vivencias para elaborar un relato da súa vida na illa baseado na bitácora, e dando como resultado unha narración de 600 páxinas que a súa sobriña, Gloria Vilches, editaría unha década despois, para presentárnolo baixo o título Sálvora, diario de un farero, na editorial Hoja de Lata. Na obra recóllese o período que vai entre 1980 e 2000.
Así nola presenta a propia editorial:
«Unha mañá brumosa de 1980, Julio Vilches desembarca en Sálvora, illa situada na boca da ría de Arousa, disposto a estrear a súa praza de fareiro. Recíbeno un destartalado faro en obras, dous quilómetros cadrados de praias e bosques virxes, cabalos salvaxes, estrondo de gaivotas e os seus novos «veciños»: Andrés, un axudante acordeonista con moito perigo, e o Algarrobo, coa súa vetusta carabina. Para Julio, Sálvora será a partir de entón un cachiño de terra libre onde celebrar a vida xunto a unha variada comunidade rotante de animais, amigos, amantes, náufragos e trotamundos mariños.
Con inusitada frescura e non exentas de drama e humor, estas páxinas recollen en primeira persoa os quefaceres e a evolución do oficio de farero, e o día a día nunha illa practicamente deserta, onde os traballos e as avarías do faro altérnanse con sesións de guitarra e cancións xunto á cheminea, guerras feudais co marqués propietario da illa, recollida de «mareas rubias» lanzadas ao mar por contrabandistas en apuros, auxilio a pescadores accidentados, perigosas travesías marítimas, animadas festas e tamén épocas intermitentes de soidades (relativas).»
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE