Libraría

Rosendo Cid presenta «Poemario geométrico» na libraría NUMAX

Acompañado polo editor Gonzalo E. Veloso, o artista Rosendo Cid estará o xoves 12 de maio ás 20:30 na Libraría NUMAX para presentar o seu último libro Poemario geométrico publicado por Estraperlo Editora. 

Poemario geométrico é unha homenaxe de Rosendo Cid al libro Testamento Geométrico de Rafael Dieste. O traballo de Cid sobre o texto do escritor de Rianxo tamén é singular: somete cada unha das páxinas a un vaciado ou borrado parcial, mantendo algunhas palabras, que van formando frases e poesías soltas, unha sorte  de xeometría azarosa dos sentidos poéticos e dispersos que as propias páxinas orixinais xa contiñan non seu interior. O traballo do artista Rosendo Cid parte de claves que abranguen desde un certo espírito dadaísta, xa que a miúdo emprega obxectos ou imaxes sen manipular, até o cuestionamiento de certa gravidade ou solemnidade que parece rodear á arte contemporánea. Todo iso mediante o traballo en series, do que se deriva un entendemento da arte como un proceso variable e constante.

A presentación será o xoves 12 de maio ás 20:30 horas e contará coa presenza do artista acompañado do editor Gonzalo E. Veloso. A entrada para asistir a este acto é libre ata completar aforo, ademais, a presentación tamén será retransmitida vía streaming a través das nosas redes sociais.

Rosendo Cid (Ourense 1974) é artista plástico. Ten publicado 365 maneras de estar en el mundo (Duen De Bux, 2014), onde recompila 365 viñetas realizadas no espazo dun ano; 5000 veces pintura (Galería Circular, 2017) que contén 5000 aforismos sobre o concepto de pintura; e o libro autoeditado do seu alter ego Eduardo Torres, El hombre que rayaba periódicos (2016) onde extrae versos e frases de párrafos de xornais. No ano 2018 obtivo o primeiro accésit no II Premio de Relato Breve Nélida Piñón coa colección de relatos en galego, 36 vidas breves, e tamén vén de gañar recentemente o I Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea, convocado polo Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela. De entre as súas ultimas exposicións individuais podemos destacar Fe de erratas, na Fundación RAC de Pontevedra (2017), e, La duda es el único estado posible, na galería Nordés (2018).