O leonés Víctor M. Díez presenta «Todo lo zurdo» na Libraría NUMAX
Afeito a camiñar polo lado zurdo da vida, o poeta Víctor M. Díez publicou Todo lo zurdo na Colección Buccaneers de Varasek Ediciones. Asubiando a súa canción libremente improvisada estará acompañado o martes 14 de marzo ás 20 na Libraría NUMAX polo músico Bernardo Martínez.
(Fotografía: José Ramón Vega)
Todo lo zurdo é un catálogo de desenfoques, poemas dunha escritura texturizada pola súa sonoridade case salvaxe, pola súa variedade de discursos. Desde as resonancias beat á prosa poética, pasando por series volátiles. O autor, ademais, delátase na súa dedicatoria ao gran mestre do free jazz, Ornette Coleman.
A poesía de Víctor M. Díez «é como un tremor», segundo a poeta Olvido García Valdés. «Unha escritura cíclica, envolvente, aínda que arraigada na precariedade. Versos que por momentos abrasan». «Poesía sonora, poesía escrita. Unha escena case baleira. Unha voz que brotase dun boneco ou simulacro que mimase discursos, peligros, afectos. Unha voz que andivese por dentro, facendo do sentido puro son, raro son, cavernoso e múltiple, sentido evocado, desprazado».
VÍCTOR M. DÍEZ (León, 1968) é poeta, axitador cultural, actor, performer e membro do cuarteto SIN RED. Entre os seus libros anteriores destacan Evaporado va, Oído en tierra, Voz fuera de campo, Ser no representable, Discurso privado ou Escrito sonámbulo, entre outros; ademais das antoloxías Todo espera un fuego e Maldito baile obligatorio. Colaborador habitual en prensa escrita, revistas, catálogos de pintura e libros de viaje. Traballa con músicos improvisadores desde hai décadas.
BERNARDO MARTÍNEZ (A Coruña 1954) é multiinstrumentista e compositor. Formou parte de grupos de rock, folk e jazz. Compositor de música para teatro dende o ano 85, participando en máis de cincuenta obras, actualmente forma parte dos grupos Ouriol (poesía e música improvisada), Grus Art trío (free jazz), Pres de Cambrai (música antiga) e Melodías Errantes (versións). Imparte aulas na Escola do Medio.
Un poema de Todo lo zurdo
VII
Saliva azul goteo en el ojo del tiempo
Las uñas crecen como ciudades descontroladas
La distancia hasta las afueras hace temblar
las uñas en las paredes de cal blanca el mundo
haciéndose cactus para nosotros
Una pesadilla de botellas rotas que solo calma
Un sonajero de semillas
El perro lame la mano que da cuerda
La mano que sostiene la cometa del tiempo
El tiempo que muerde
Acaricias la mano que muerde.