Este sábado 20 de decembro ás 19:15h proxectamos en pase únicoEmergency Exit, a última creación do director catalán Lluís Miñarro que supuxo ademais a derradeira interpretación da gran Marisa Paredes. O pase contará coa presenza da montadora da película, Diana Toucedo, para ofrecer presentación e coloquio do filme. Entradas xa á venda en web e billeteira.
Unha libraría de Literatura, Arte e Pensamento que xunta unha selección das novidades máis destacadas do panorama editorial cun fondo básico (os 'Básicos NUMAX'). Ver máis
Aquí podedes ler e consultar os contidos da Libraría, desde itinerarios para coñecer o noso catálogo a outros como reseñas, lecturas, resumos da nosa actividade ou listas de recomendacións.
Ir ao blog
Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.