A Libraría acolle a presentación de «A nena de xeo» de Anxos Sumai
Anxos Sumai presenta A nena de xeo (Euseino?) o xoves 9 de abril ás 19:00h na Libraría NUMAX. A autora estará acompañada pola escritora Rosa Aneiros, a editora Beatriz Fraga e a ilustradora Minia Regos. A entrada é libre ata completar aforo.
Nun recanto do gran Glaciar onde só se escoitan estalidos, murmurios de xeadas e o tenue ruído das fendas que se abren paso entre os montes brancos, nace Catarina, unha nena de xeo.
A aparición inesperada dun agasallo fortuíto da natureza, en forma de froito, racha a rutina e presaxia un cambio inusitado na vida da protagonista. A imaxinación literaria de Anxos Sumai unida ás asombrosas ilustracións de Minia Regos dan forma a este libro. Xuntas elaboran unha narración que esperta a curiosidade e convida a deterse para gorentar as súas páxinas.
Anxos Sumai (Catoira, 1960) é autora de Anxos da garda (Premio da Crítica, A Nosa Terra, 2003), Melodía de días usados (Galaxia, 2005), e das novelas Así nacen as baleas (Premio Repsol e Premio San Clemente, Galaxia, 2007) e A lúa da colleita (Premio García Barros e Premio da Crítica, Galaxia, 2013). Exerceu como arquiveira no Consello da Cultura Galega e colaborou na web culturagalega.org, ademais de participar noutras publicacións periódicas e colectivas.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Antes de nós
VO
-
-
-
-
Aguias do Cairo
VOSE