A Libraría NUMAX acolle a presentación de «Los páramos» de Carlota Gurt
Carlota Gurt presenta Los páramos (Anagrama) na Libraría NUMAX o xoves 26 de novembro ás 19:00h. A autora estará acompañada polo escritor Eduard Velasco. A entrada é libre ata completar aforo.
O parador de Sau, un 24 de decembro, é o improbable escenario do encontro fortuíto de Ramona e Faust, os protagonistas desta novela chea de néboa e desertos que se desenvolve no marco dunha seca.
Ela chegou ao lugar para pasar dúas noites soa. El celebra alí unha comida cos compañeiros dun traballo ao que se entrega cun celo enfermizo, aínda que non o soporta: é o xefe da presa veciña. Ramona e Faust son tan diferentes que case se parecen: quizais por iso senten unha curiosidade, non esporeada polo amor nin polo sexo, que os empuxará cara a terreos descoñecidos.
Quen leva de verdade a vida que lle gustaría? Como podemos escapar da inercia na nosa relación co traballo, a parella, a contorna, a familia, nós mesmos? Por que nos é tan doado enganarnos e á vez tan difícil librarnos dos pensamentos obsesivos? E, sobre todo, como se inventan as ilusións?
Cunha mestura alquímica de furia e tenrura, Carlota Gurt regálanos dous personaxes memorables que van tomando corpo nun xogo de espellos entre vidas reais e imaxinadas. Escrita nunha prosa desenvolta, iluminada por chispazos de crítica e humor, Los páramos celebra o poder da fabulación para impulsar non só un relato, senón tamén a nosa alegría salvaxe.
Carlota Gurt (Barcelona, 1976) é escritora e tradutora. Publicou os libros de relatos Cabalgar toda la noche (Premio Mercè Rodoreda 2019) e Biografía del fuego. A súa primera novela, Sola, obtivo un grande éxito de crítica e de lectores. Con La teoria dels forats (Premio Guillem Cifre de Colonya 2024) fixo a súa primeira incursión na novela infantil. A súa última obra é a conferencia performativa Una aniquilación fallida, que transformou tamén nun ensaio breve. Os seus libros traducíronse ao inglés, ao grego, ao italiano, ao castelán e ao galego. Colabora con diversos medios de comunicación, como El País, Cadena SER, 3Cat ou Catorze. En Anagrama publicou Los páramos, Premio Llibres Anagrama de Novela 2026.
- Xoves
- Ver máis