Libraría

A Libraría NUMAX acolle a presentación de «Nodo norte» de Raquel Vázquez

Raquel Vázquez presenta Nodo norte (Letraversal) na Libraría NUMAX o xoves 24 de setembro ás 19:00h. A autora estará acompañada pola escritora e editora Alba Rozas. A entrada é libre ata completar aforo.

«Se en todo bo poema se agocha, como dixo Lorca, un puñal, este libro de Raquel Vázquez alberga un universo de puñais de múltiples fíos e puntas, que se clavan un a un sobre os infinitos nodos de unha inconmensurable radiografía do corazón. […] Invito, e animo encarecidamente, aos lectores: teñan o valor de extraviarse, e encontrarán neste libro un manantial celeste, do que brota e rebrota a auga queixosa e musical da máis pura poesía», Roger Wolfe.

Raquel Vázquez naceu en Lugo en 1990 co sol en Cáncer, a lua en Saxitario e ascendente Libra. Escribe poesía, novela, conto e aforismo, e móvese entre a literatura, o big data e a música. Publicou unha docena de libros, entre eles Aunque los mapas (Visor, 2020, Premio Loewe a la Creación Joven, Premio Ojo Crítico de RNE), Puerta de embarque (Renacimiento, 2022) e a colección de aforismos Entre coche y andén (Renacimiento, 2024). Foi residente da Fundación Antonio Gala e da Residencia Literaria Cidade da Cultura, e becaria Leonardo da Fundación BBVA. Parte da súa obra traduciuse ao francés e ao italiano. En 2022 gravou Lago Erie, un EP de piano. O seu nodo norte está en Acuario na casa 4.