A Libraría NUMAX acolle a sesión de contacontos de «O gran libro dos nosos montes» con Blanca Millán

A Libraría NUMAX acolle o venres 13 de xuño ás 18h00 unha actividade para toda cativada a partir de 3 anos! A sesión de contacontos de O gran libro das nosas vilas (Cumio) con Blanca Millán. A entrada é libre ata completar aforo.
Neste libro descubrirás como o comercio local, as tradicións e as novas ideas poden facer que as nosas vilas sexan lugares xeniais para vivir. Verás o que estes espazos poden ofrecernos, como a tecnoloxía axuda a mellorar o día a día e como todos podemos achegar algo para que a nosa vila sexa máis divertida, bonita e sostible. Unha viaxe chea de curiosidades e propostas para facer das vilas o mellor lugar para vivir! As vilas están cheas de vida!
Blanca Millán naceu en Touro (A Coruña) en 1991. É graduada en Belas Artes con un Máster en Libro Ilustrado pola Universidad de Vigo, pinta dende que ten memoria e ilustra historias desde que é nai. Tocou todos os campos da ilustración e o mundo del libro, dende o deseño editorial, a ilustración de producto, ou a cartelería… pero a súa gran paixón son os libros ilustrados. As miñas primeiras publicacións chegaron no 2017 con MANUELA e A MAXIA DE MAMÁ, e dende entón xa van máis de 40 títulos publicados e varios idiomas (galego, castelán, inglés, alemán, chinés...). Na actualidade continúa a ilustrar novos contos no seu pequeno estudio.