Cinema

O #Cineuropa36 vívese en NUMAX do 7 ao 17 de novembro

Un ano máis, e xa van seis, estamos moi felices de ser unha das sedes do Festival Cineuropa, unha cita fundamental para a cinefilia da cidade no que participamos este ano con sesións diarias do 7 ao 17 de novembro.

Cada mes de novembro o Festival Cineuropa achega a Compostela algúns dos títulos máis relevantes da tempada no cinema de autoría internacional. En NUMAX este ano acollemos unha proposta moi variada na que destaca a presenza de novos talentos do cinema latinoamericano, con películas procedentes de Arxentina (Trenque Lauquen, Sublime, El perfecto David), Brasil (Tres tristes tigres, Regra 34), Chile (Piaffe, 1976, Blanquita) ou Costa Rica (Tengo sueños eléctricos).

Tamén haberá un oco importante para o novo cinema galego, con sesións presentadas polas súas autoras, o documental español (Las cartas perdidas, Un cielo impasible, La red Ponzán) e clásicos do musical (Camelot, All That Jazz, Sempre vai bo tempo). Destacan tamén algunhas das obras premiadas no circuíto internacional como o premio New Directors de San Sebastián, Fifi, ou o Premio FIPRESCI do festival donostiarra para a fita vasca Suro. Velaquí o programa completo.

Luns 7
16:00 Tres tristes tigres (Gustavo Vinagre, 86')
18:00 Camelot (Joshua Logan, 178')
21:15
Panorama Audiovisual Galego 1 (64')
 

Martes 8
16:00 Sublime (Mariano Biasin, 100')
18:00 Trenque Lauquen (Laura Citarella, 250')
 

Mércores 9
17:15 Jesús López (Maximiliano Schonfeld, 87')
19:00 Xosé Velo. O libertador ibérico (Aser Álvarez, 45') * Coloquio co director
20:30
Valldaura. A Quarantine Cabin (Manuel Lógar, 77') * Coloquio co director
22:15 Las cartas perdidas (Amparo Climent, 75')
 

Xoves 10
17:15 Panorama Audiovisual Galego 1 (54') * Presentación coas autoras
18:00 Agromantes (Cora Peña, 72') * Coloquio coa directora
20:20
Tres tristes tigres (Gustavo Vinagre, 86')
22:00 Regra 34 (Julia Murat, 100')
 

Venres 11
16:20 El perfecto David (Felipe Gómez, Aparicio, 78')
18:00 Un cielo impasible (David Varela, 81') * Coloquio en liña co director
20:00
Removendo a terra (Margarita Teijeiro, Antonio Caeiro, 71') * Coloquio coas autoras
22:00 Dez de marzo (Roi Cagiao, 80') * Coloquio co director
 

Sábado 12
18:00 Ferrín Arraiano (30') / Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z (51') / A orixe do Camiño de Santiago (12') * Coloquio coas autoras
20:15 Las cartas perdidas (Amparo Climent, 75')
21:45
Tengo sueños eléctricos (Valentina Maurel, 101')
 

Domingo 13
16:00 Sublime (Mariano Biasin, 100')
18:00
La Club Virginia (Manuel Iborra, 72') * Coloquio co director
19:45 Falcon Lake (Charlotte Le Bon, 100')
22:00 Foudre / Thunder (Carmen Jaquier, 92')
 

Luns 14
18:00 It's Always Fair Weather / Sempre vai bo tempo (Stanley Donen / Gene Kelly, 102')
20:00 La red Ponzán (Ismael Gutiérrez, 81')
21:45
Piaffe (Ann Oren, 86')
 

Martes 15
16:30 La red Ponzán (Ismael Gutiérrez, 81')
18:30 All That Jazz (Bob Fosse, 123')
21:00
Beautiful Beings (Guðmundur Arnar Guðmundsson, 123')
 

Mércores 16
17:30 Falcon Lake (Charlotte Le Bon, 100')
19:30
Suro / Cortiza (Mikel Guerrea, 116')
21:45
Blanquita (Fernando Guzzoni, 99')
 

Xoves 17
18:15 Piaffe (Ann Oren, 86')
20:00
1976  (Manuel Martelli, 92') * Presentación coa directora
22:15
Fifi (Jeanne Aslan / Paul Saintillan, 105')