Libraría

Cristina V Miranda presenta o poemario «Una ausencia no es un piano» na Libraría NUMAX

A libraría NUMAX acollerá o xoves 26 de xaneiro ás 20:30h a presentación do novo poemario de Cristina V Miranda titulado «Una ausencia no es un piano» editado por Olé Libros. A autora estará acompañada no acto polo poeta Samuel Merino (Pompa e Boato). A entrada é libre ata completar aforo.

Una ausencia no es un piano é un poemario sobre a perda, o dano e o reencontro cunha mesma. Unha viaje introspectiva que mira de fronte ao pasado e reconstrúe a identidade sobre as cinzas aínda ardentes. O poemario inspira o seu título nalgún dos xogos de palabras que Alejandra Pizarnik practica nos seus Diarios. A ausencia como punto de partida cara o pasado, como lugar de orixe para alcanzar a explicación do agora. Na presentación, que terá lugar o xoves 26 de xaneiro ás 20:30h, Cristina V Miranda estará acompañada polo poeta Samuel Merino (Pompa e Boato). A entrada é libre ata completar aforo.

Cristina V Miranda é escritora e promotora cultural. En 2019 publica o seu primeiro libro, A auga do lobo, coa editorial Toxosoutos. Un poemario que transcorre entre o familiar e o salvaxe, unha conta pendiente coa memoria da infancia e a desmemoria madrileña. Publicou tamén a súa primeira novela coa editorial Dos Manos co título de La entusiasta e baixo o pseudónimo de Gala de Meira. Como promotora, Cristina V Miranda participou en multitude de proxectos case sempre relacionados co viño e a música como o Enofestival, Ribeiro Son de Viño ou 17º Ribeira Sacra.