Libraría

A Libraría NUMAX celebra o Día do Libro este xoves 23 de abril!

Este xoves 23 de abril a Libraría NUMAX celebra o Día do Libro! Abriremos ao público en horario de 10:30h-14:00h e de 16:00h-20:30h con descontos do 10% en todos os libros en tenda e na nosa web.

Calquera compra feita na Libraría NUMAX durante a xornada do xoves 23 de abril terá un 10% de desconto tanto na tenda física como a través da nosa páxina web. Ademais, ese mesmo día entre todas as vendas en libraría farase un sorteo dunha entrada dobre para unha das películas en carteleira do cinema NUMAX (sesión a escoller) e dous packs de libros sorpresa (elixidos polas libreiras). 

Este mesmo día, 23 de abril ás 17:00 da tarde, proxectaremos un pase especial polo Día do Libro de Un hombre libre de Laura Hojman, un documental que explora a vida e obra de Agustín Gómez Arcos, o escritor español exiliado que alcanzou grande éxito na literatura francesa nos anos 70, mentres o seu nome permanecía silenciado en España. Seis veces finalista ao premio Goncourt, as súas obras, traducidas a máis de doce idiomas, abordaron temas como a memoria, a identidade, a homosexualidade, a ditadura ou a relixión. Redescuberto polas novas xeracións, o seu legado convida a reflexionar sobre a historia recente do noso país a través dos silencios, dos relatos perdidos e do papel da cultura e a memoria. As entradas para este pase especial, que terá presentación das librerias de NUMAX, xa se poden mercar en numax.org!

Tamén vos deixamos no blog de libraría unha selección de libros recomendados para este día! Na lista atoparedes os nosos gustos librescos do que vai de ano para que poidades agasallar ou agasallarvos cun libro :)