Helena Salgueiro y Masako Hattori presentan «SORA» en la Librería NUMAX
La Librería NUMAX acoge la presentación del libro SORA (De corpos presentes) de Helena Salgueiro y Masako Hattori el martes 24 de febrero a las 19:00h. Las autoras estarán acompañadas por Sabela Mendoza, responsable de la editorial. La entrada es libre hasta completar aforo.
Un xogo de cartas de Masako Hattori e Helena Salgueiro. “O que tes entre as mans ou diante do ollar é un xogo de cartas. A baralla está disposta (cartas-poemas, cartas-corpo, cartas-ensaio, cartas-citas, cartas-paisaxe…). No xogo da escritura performativa, as dúas autoras botamos as cartas no papel en branco ao azar, no intre que queiramos, dende o lugar que queiramos. Hai momentos do xogo, chamados composicións a catro mans, nos que botamos as cartas en tempo real, pero a distancia. En ocasións, con miles de quilómetros entre nós, unha na Galiza, a outra no Xapón. Desfruta do xogo.”
Helena Salgueiro (1995) performer, directora escénica, poeta, dramaturga e investigadora. A súa paixón pola intermedialidade lévaa a estudar literatura e linguística, teoría e crítica literarias, danza, dramaturxia, música e violín, teatro físico en universidades, escolas de danza, estadías e cursos de compañías de teatro entre Galiza, Francia, Escocia, Dinamarca, Polonia. O seu traballo focalízase na performatividade do corpo a través do movemento e a linguaxe, flutuando entre creacións máis escénicas, escritura, performance ou arte visual. Ten amosado os seus proxectos artísticos en Galiza, Portugal, Suecia, Reino Unido e Arabia Saudí. Coa súa propia compañía, que ve a luz en 2022 e na que dirixe e actúa, ofrece producións escénicas, resultando nunha mestura de danza, performance, arte contemporáneo, poesía e teatro físico. Salgueiro tamén dirixe obras de teatro para outras organizacións, performa en solitario ou colabora internacionalmente con arquitectas, deseñadoras, artesás, artistas, directoras de cine, investigadoras, etc.
Masako Hattori. Nada en Xapón é Licenciada en Artes plásticas polo Colexio Universitario de Kyoto e Licenciada na Escola Superior de Arte de Aix-en-Provence, Francia, nas especialidades de Vídeo-Arte, Debuxo, Son e Performance. Despois de traballar en Xapón como deseñadora gráfica e profesora adxunta no Colexio Universitario de Arte e Deseño de Kyoto, trasládase a Francia para ampliar os seus estudos de Belas Artes onde se especializa na performance, da man de Jean-Paul Thibeau, Cristope Haleb e outros artistas e bailaríns. Na actualidade, ademais das súas instalacións e proxeccións en festivais, colabora con compañías de teatro e danza en Portugal, Bélxica, Francia e España, para as que realiza creación, performance e vídeo-escenográfico. Crea a súa propia compañía de arte escénico multidisciplinar, KOKOHARUKA en 2017 en Santiago de Compostela.
- hoy
- Ver más
-
-
La chica zurda
VOSE
-
-
360 curvas
VO
-
-
Hamnet
VOSE