Libraría

Sesión de peche coas autoras do ciclo Intemperiadas

Logo de sete intensos meses o ciclo Intemperiadas. Correspondencias interartes con Xela Arias chega á súa fin nun último encontro coas autoras e obras que encheron de luz e ideas a actividade. Será este sábado 16 de outubro de 12:00 a 14:00 horas na Libraría NUMAX. Intemperiadas é unha actividade comisariada por Charo Lopes e apoiada pola Deputación da Coruña.

A derradeira entrega co ciclo Intemperiadas chegará na matinal do sábado 16 cunha exposición efémera das pezas que foron elaborando estes meses as artistas participantes. De 12:00 a 14:00 no espazo da Libraría estarán expostas as obras da ilustradora Laura Tova, da creadora téxtil Ío Morales, da ceramista Paula Pereira, da dupla musical Jóia Rara [Acacia Ojea e Marta Gilino] e da fotógrafa e performer Verónica Vicente. Ademais, ás 13:30 haberá unha conversa entre as artistas e a comisaria da actividade, Charo Lopes, que retransmitiremos en directo a través das nosas páxinas de Facebook Instagram (@numaxcoop). Recorda que a actividade ten un aforo reducido polo que recomendamos reservar praza no correo [email protected]. Recordamos as autoras e as obras que nos acompañaron estes meses no ciclo, sempre co apoio da Deputación da Coruña.

  • Laura Tova Weltschmerz

  • Io Morales malus sylvestris

  • Paula Pereira galope corazon

  • Jóia Rara (Akazie e Russinha) Ou subir ou partir as caléndulas

  • Verónica Vicente <sen título>