Libraría

A escritora ecuatoriana Julia Rendón presenta a súa novela «Lengua ajena» na Libraría NUMAX

A escritora Julia Rendón estará o venres 25 de novembro ás 20:30h na Libraría NUMAX para presentar a súa novela debut «Lengua ajena» editada por De Conatus. No acto, a autora estará acompañada pola editora e escritora Silvia Bardelás. A entrada é libre ata completar aforo.

Lengua ajena, da ecuatoriana Julia Rendón, é unha novela capaz de construir un mapa de afectos que traspasa as fronteiras, a través do devir de catro xeracións de mulleres e da experiencia da migración. Unha poderosa narración sobre a busca dun lugar de pertenza. Unha obra, cargada de sensualidade, de desinhibición e rebeldía, onde a maternidade e os coidados ocupan un lugar central. Julia Rendón Abrahamson vén dicirnos que os temas que interesan á rexión non se esgotan na violencia, ou o que pode parecer exótico no exterior. Reclama que o que sí existe neste territorio é unha diversidade de identidades e experiencias que precisan ser lidas. A presentación terá lugar o venres 25 de novembro ás 20:30h na Libraría NUMAX. No acto, a autora estará acompañada pola editora e escritora Silvia Bardelás. A entrada é libre ata completar aforo.

Julia Rendón Abrahamson (Quito, 1978). Licenciada en Literatura. Autora dos libros La casa está muy grande (2015), La mano de Malena (2020), e Yeguas y terneros (2021). Participou nas antoloxías El otro portal (2017) e Coro de voces: crónicas de un terremoto (2017). Varios dos seus textos foron publicados en diferentes medios impresos e dixitais de Ecuador, Arxentina e Estados Unidos. Foi unha das galardoadas da beca de escritura Montserrat Roig Barcelona en 2021. Lengua ajena é a súa novela debut, un texto deslumbrante que cautivou ás editoras de De Conatus pola potencia da linguaxe, que emerxe como se abrollara da profunda necesidade de nomear o mundo.