Martiño Noriega presenta «Os médicos tamén enferman» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación de Os médicos tamén enferman (Alvarellos) de Martiño Noriega o xoves 10 de abril ás 19:00h. O autor estará acompañado da médica de cabeceira, Flora Miranda, e o editor Herique Alvarellos. A entrada é libre ata completar aforo.
Doce anos despois de exercer como alcalde, primeiro no Concello de Teo, e despois en Santiago de Compostela, Martiño Noriega regresou á súa profesión, a Medicina. Os médicos tamén enferman é unha crónica persoal onde Noriega relata o seu retorno ao mundo sanitario nestes anos precarios.
Escrito entre os anos 2021 e 2024, este libro permítenos descubrir directamente o sentir dun médico no duro contexto da sanidade pública nesta época da post-Covid, mais tamén está inspirado nas voces directas das propias persoas que escoita cada día na súa consulta de atención primaria.
«Reincorporeime á medicina ao comezo da pandemia, despois de moitos anos de sobreexposición pública ‒afirma no Limiar ‒. Na Medicina de Familia reencontreime nos coidados coa palabra acompañar, co exercicio de escoitar e co innecesario de ter que opinar de todo a todas horas. Este feixe de historias naceron precisamente desa escoita atenta que pode ser parte da cura».
- Martes
- Ver máis
-
-
Misericordia
VOSE
-
-
Por todo o alto
VOSE
-
-
-
Paris, Texas
VOSE