Noemí Sabugal presenta «Laberinto mar» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Laberinto mar. Un viaje por la vida y la historia de nuestras costas (Alfaguara) de Noemí Sabugal o vindeiro martes 8 de outubro ás 19h00 coa autora acompañada de Berta Dávila. A entrada é libre ata completar aforo.
España é case unha illa. Se houbese unha liña de puntos polos Pirineos e cortásemos, converteriámonos en insulares. Incluso os habitantes das provincias do interior o serían. Esta así insularidade marcou e marca a historia de España. Tras máis de tres anos de investigación, Noemí Sabugal desprega en Labirinto mar un retrato inesquecible do noso país a través das súas costas. Mestura de memoria, ensaio e crónica, Sabugal viaxa ao norte para falar cos últimos cazadores de baleas e con familias que seguen xogándose a vida no mar. No sur, explora as mesmas costas que viron partir a descubridores de novos mundos. Traza, en varias latitudes, unha historia dolorosa de naufraxios e migracións, e outra de mitos fenicios, gregos e romanos escondidos baixo as augas antigas do Mediterráneo, repletas hoxe de microplásticos e de ameazas para as praderías de posidonia. Un mar que é de quen o escribe e o pinta, desde os poemas de Carmen Conde ata as praias de Sorolla. Un mar no que moitos pescadores deixaron a súa barca para renderse ao turismo e no que tamén atopa os seus roteiros o narcotráfico. Todo baixo a mirada dunha autora que regala esta travesía coas ferramentas do mellor xornalismo literario, movido polos ventos e pola capacidade de fascinación que só teñen as cousas que nunca comprendemos do todo.
Noemí Sabugal (León, 1979) é autora das novelas El asesinato de Sócrates, finalista do Premio de Novela Fernando Quiñones e elixida para representar a España no XI Festival Europeo de Primeira Novela de Budapest; Al acecho, gañadora do Premio de Novela Felipe Trigo; e Una chica sin suerte, sobre a cantante de blues Big Mama Thornton. Tamén publicou relatos en varias antoloxías, ademais do breve ensaio Cómo trabajar en prensa y alimentar a la musa. Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, obtivo o Premio de Xornalismo de Castilla e León Francisco de Cossío pola reportaxe "De cruce de caminos a cruce de culturas", sobre a inmigración no barrio leonés de El Crucero. É columnista do diario La Nueva Crónica e colabora en varios medios de comunicación.
- Hoxe
- Ver máis