Libraría

Segunda xornada de conferencias performativas Discursos en acción

Co apoio da Área de Cultura da Deputación de A Coruña e comisariado por Performa (David Barro, Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo), a Libraría NUMAX celebra o sábado 22 de agosto a segunda xornada dos Discursos en acción, un ciclo de dous días de conferencias performativas que muda o Cinema NUMAX nun espazo onde ensaiar propostas entre o divulgativo, o artístico, o escénico ou o audiovisual. Interveñen Jacobo Bugarín, Misha Bies Golas e Xisela Franco (na foto).

Durante a mañá e a tarde do sábado 22 de agosto os artistas Jacobo Bugarín, Misha Bies Golas e Xisela Franco serán os encargados de expoñer as súas conferencias ante o público que, a partir do mércores 12 de agosto, reserve praza -de balde- no correo [email protected]. É preciso indicar a que Discursos concretamente se quere asistir.

A orde e os horarios son os que seguen:

11:30 Jacobo Bugarín - Another language in another body (conferencia en inglés)
13:00 Misha Bies Golas - Contar pezas
16:15 Xisela Franco - O meu é teu pero o teu non é meu

Cada Discurso terá unha duración de entre 30 e 50 minutos.

AQUÍ podes descargar o pasquín da Xornada II dos Discursos en acción. Inclúe os textos de presentación e as biografías de cada artista.

Discursos únicos e irrepetíbeis
Para esta actividade interpelouse a cada artista para que se sitúase no lugar do conferenciante: pode falar do que queira, pero desde unha situación teatralizada pola propia proposta de partida. En ocasións será a través de elementos externos, noutras a través da imaxe proxectada na sala ou nos elementos presentes na mesma, ás veces a dominante será a interpretación, pero en todos os casos este momento será único, xa que non se trata dunha conferencia ao uso senón dunha conferencia performativa, construída para acontecer no intre preciso da cita e do lugar proposto como escenario: a sala do Cinema NUMAX.

O cinema convértese neste ciclo nun espazo no que todo pode acontecer, un lugar de liberdade creativa onde o público poderá gozar de algo irrepetíbel.