Pablo Carreiro presenta "Xirarei!" na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de Xirarei! (Cuarto de Inverno) de Pablo Carreiro o xoves 30 de xaneiro ás 19:00h. O autor estará acompañado da editora Andrea Jamardo. A entrada é libre ata completar aforo.
Xirarei! é un percorrido único por Galicia que mestura humor, tenrura e unha fonda admiración pola cultura galega. A través dun itinerario que abrangue os recunchos máis fermosos e emblemáticos da terra, o autor fainos partícipes dunha viaxe onde cada páxina é unha homenaxe ao noso patrimonio cultural. O lector poderá gozar de anécdotas cotiás con moita chispa ao tempo que descobre lugares máxicos, tradicións ancestrais e personaxes entrañables.
Pablo Carreiro celebra unha oda á identidade galega relatada con agarimo e retranca e ofrece unha experiencia que deixará unha pegada fonda no corazón de quen a lea.
Pablo Carreiro é un ilustrador e historietista nado en Vigo en 1985. Sempre foi un apaixonado do manga xaponés, especialmente de Sailor Moon. Licenciouse en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e pronto abandonou este camiño para dedicarse ao que realmente lle apaixona: a banda deseñada e a ilustración. En 2019 debutou ca obra Chico!#1 (Librospuntocom) contando a vida cotiá do seu alter ego Berto e as súas amigas que continuou explorando en Chico!#2 (Librosindie). Devolveu aos seus personaxes á adolescencia con Chico! Los que van detrás de la fila (Editorial Siete Islas, 2022) e Chico! Lo que me gusta del verano (Editorial Siete Islas, 2024), dous volumes moi especiais nos que a ficción e os recordos persoais entrecrúzanse. Percorreu o país coa exposición VivaSpice na que celebrou ás súas amadas Spice Girls e en 2021 publicou Ukiyo! (libros Indie), un simpático libro sobre Xapón e a súa cultura.
- Domingo
- Ver máis
-
-
A luz que imaxinamos
VOSE
-
-
-
Parthenope
VOSE