Cinema + 100

En carteleira

Ver a programación
Pase único 12 de marzo

As mans de Orlac

Robert Wiene

Orlac, un pianista famoso, perde ambas as mans nun accidente. Os médicos deciden trasplantarlle as mans de Vasseur, un asasino condenado á morte. A operación é un éxito, pero desde ese momento o pianista comeza a verse embargado por impulsos criminais. Ler máis

Filmes xa programados

O home mosca

Fred C. Newmeyer, Sam Taylor

A obra mestra de Harold Lloyd ten como protagonista a un mozo de campo recén chegado á cidade cuxo plan para gañar diñeiro fracasa. Para resolvelo debe escalar un edificio de 12 andares e remata pendurado das agullas dun enorme reloxo. Ler máis

Unha muller de París

Charles Chaplin

Melodrama que denuncia a hipocrisía e os prexuízos morais da sociedade a través da historia de Marie St. Clair (Edna Purviance), unha sinxela moza dunha pequena vila francesa namorada dun pintor. Ler máis