
A quimera do ouro
- Repertorio
- DCP4K
- Todos os públicos
- VOSE
Pase único 26 de xuño
A quimera do ouro
- Cinema + 100
- Repertorio
- DCP4K
- Todos os públicos
Durante a febre do ouro, os buscadores desafían o perigoso Paso de Chilkoot, Alaska, coa esperanza de facérense ricos nas montañas nevadas. Xusto cando Big Jim McKay descobre ouro, estoura unha treboada que leva un buscador solitario a refuxiarse nunha cabana. Non o sabe, pero a cabana está ocupada polo foraxido Black Larsen, que intenta guindar fóra o vagabundo. Fortes ventos, porén, arrastran o homiño de volta para dentro, e non tarda en aparecer tamén o Jim. Nos días seguintes, os tres homes conviven como poden, mentres a súa fame medra e o trebón non para de bruar.
- Título orixinal: The Gold Rush
- Ano: 1925
- Duración: 95 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Charles Chaplin
- Guión: Charles Chaplin
- Elenco: Charles Chaplin, Mack Swain, Georgia Hale, Tom Murray, Malcom Waite, Henry Bergman, Betty Morrisey
- Montaxe: Charles Chaplin
- Música: Charles Chaplin / Max Terr
- Fotografía: Roland Totheroh
- Produtora: United Artists
- Distribuidora: Classic Films





