European Award Season

En carteleira

Ver a programación
Pase único 25 de novembro

Funny Games

Michael Haneke

Anna, Georg e o seu fillo Georgie van pasar as vacacións á súa fermosa casa ás beiras dun lago. Os seus veciños Fred e Eva chegaron antes ca eles. As dúas parellas quedan para xogar ao golf ao día seguinte. Mentres pai e fillo preparan o veleiro, Anna prepara a cea. Peter, un mozo moi educado que se aloxa na casa dos veciños, preséntase pedir que lle presten uns ovos. Ler máis

Pase único 3 de decembro

Escondido (Caché)

Michael Haneke

George é o típico burgués: presenta un programa literario en televisión e leva unha vida acomodada coa súa muller e o seu fillo adolescente. Pero, de súpeto, empeza a recibir uns paquetes anónimos que conteñen fitas de vídeo, gravadas desde a rúa, e uns debuxos inquietantes cuxo significado é un misterio. Ler máis

Filmes xa programados

Persona

Ingmar Bergman

Elisabeth, unha célebre actriz de teatro, é hospitalizada tras perder a voz durante unha representación de Electra. Despois de ser sometida a unha serie de probas, o diagnóstico é bo mais como segue sen falar debe ficar na clínica. Ler máis

A quimera

Alice Rohrwacher

Inesperado zahorí, Arthur ten o don de localizar ocos baixo a terra. Un atributo que o converte no perfecto buscador de tesouros na rexión italiana que alberga as ruínas da civilización etrusca. Aínda que o que Arthur anhelaría reencontrar, a quimera que o guía, é a Beniamina, o seu amor perdido. Ler máis

Europa '51

Roberto Rossellini

Un rico matrimonio estadounidense que leva en Roma unha vida despreocupada, ve como o seu fillo se suicida. A nai, traumatizada e sentíndose culpable por non ter atendido máis o seu fillo desde a infancia, decide axudar a xente máis necesitada nos barrios máis humildes da cidade. Porén, a súa axuda a un ladrón vaina poñer baixo sospeita a ollos da policía. Ler máis