Foco Rainer Werner Fassbinder

En carteleira

Ver a programación

Effi Briest

Rainer Werner Fassbinder

Effi Briest é unha moza que casa cun home maior ca ela, o Barón von Instetten. Tras uns anos nos que a parella vive feliz, a amizade dela co Maior Crampas suporá un conflito ético que concluirá cun duelo entre o marido ofendido e o suposto amante. Ler máis

A viaxe á felicidade de Mamá Küster

Rainer Werner Fassbinder

Un obreiro dunha planta química asasina o fillo do seu xefe suicidándose a continuación. A súa viúva inicia unha odisea persoal na que terá que se enfrontar a manipulacións mediáticas e ideólogos políticos que buscan empregala para os seus propios fins, ignorando a única razón que a move: defender a dignidade á memoria do seu marido. Ler máis

Filmes xa programados

A lei do máis forte

Rainer Werner Fassbinder

Franz Biberkopf é un mozo homosexual, vulgar e inxenuo que, despois de traballar como “Fox, a cabeza parlante” nunha feira, gaña medio millón de marcos na lotaría, o que lle permite frecuentar círculos gais máis selectos. Neste ambiente namora de Eugen, fillo dun empresario que posúe unha imprenta ao borde da quebra. Ler máis