Foco Rainer Werner Fassbinder

En carteleira

Ver a programación

A lei do máis forte

Rainer Werner Fassbinder

Franz Biberkopf é un mozo homosexual, vulgar e inxenuo que, despois de traballar como “Fox, a cabeza parlante” nunha feira, gaña medio millón de marcos na lotaría, o que lle permite frecuentar círculos gais máis selectos. Neste ambiente namora de Eugen, fillo dun empresario que posúe unha imprenta ao borde da quebra. Ler máis

Pase único 16 de xuño

O mercador das catro estacións

Rainer Werner Fassbinder

Hans é un froiteiro ambulante que vende a súa mercadoría polas rúas de Múnich. Ten unha nai dominante que sempre se mostrou insatisfeita con el e unha muller fría e cínica. A súa debilidade é tal que se deixa arrastrar pola violencia e o alcol. Ler máis

Pase único 24 de xuño

Effi Briest

Rainer Werner Fassbinder

Effi Briest é unha moza que casa cun home maior ca ela, o Barón von Instetten. Tras uns anos nos que a parella vive feliz, a amizade dela co Maior Crampas suporá un conflito ético que concluirá cun duelo entre o marido ofendido e o suposto amante. Ler máis

Pase único 30 de xuño

A viaxe á felicidade de Mamá Küster

Rainer Werner Fassbinder

Un obreiro dunha planta química asasina o fillo do seu xefe suicidándose a continuación. A súa viúva inicia unha odisea persoal na que terá que se enfrontar a manipulacións mediáticas e ideólogos políticos que buscan empregala para os seus propios fins, ignorando a única razón que a move: defender a dignidade á memoria do seu marido. Ler máis