Foco William A. Wellman

Filmes xa programados

Naceu unha estrela

William A. Wellman

Esther Blodgett, unha rapaza que aspira a converterse en actriz, viaxa a Hollywood. Nunha festa na que traballa como camareira coñece a un famoso actor en decadencia. Para sorpresa de Esther, el ofrécelle un papel nunha película e, tras realizar unha proba, o produtor fica impresionado e decide convertela nunha estrela. Ler máis

O inimigo público

William A. Wellman

Tom Powers é un tipo listo e bravo que, xunto ao seu íntimo amigo Matt Doyle, se dedica ao contrabando de licor durante os violentos anos da Lei Seca. Xuntos irán escalando posicións no mundo do crime organizado ante a firme oposición das súas familias. Ler máis

Os mendigos da vida

William A. Wellman

Jim é un vagabundo que na procura de comida atópase coa escena do crime do propietario dunha pousada. Pronto descubrirá que a asasina foi a súa afillada Nancy á que estaba intentando forzar. A moza fuxirá da policía axudada por Jim. Ler máis