Primeiros planos. Óperas primas de grandes cineastas

En carteleira

Ver a programación

Malas terras

Terrence Malick

Dakota do Sur, 1959. Cando o rebelde Kit Carruthers coñece a moza de 15 anos Holly Sargis, decide deixar atrás a súa mediocre vida e tentar acadar un triunfo. Ler máis

Pases 7 e 22 de xullo

Corpo celeste

Alice Rohrwacher

Tras pasar dez anos en Suíza, Marta, a súa nai e a súa irmá loitan a diario para integrarse en Reggio Calabria, unha cidade do sur de Italia dominada pola mafia Ler máis

Pases 8 e 27 de xullo

Todos vós sodes capitáns

Oliver Laxe

Ensaio visual a medio camiño entre o documental e a ficción, que á vez que retrata o Magreb relata a historia de Óliver, un profesor que propón a un grupo de crianzas rodar unha película en Tánxer. Ler máis

Pases 9 e 21 de xullo

Pather panchali (A canción do camiño)

Satyajit Ray

Narra a historia dunha familia bengalí axexada pola mala sorte. O pai, Harihara, é un sacerdote, curandeiro, soñador e poeta. Sabajaya, a nai, traballa para alimentar á súa familia, que recibe con alegría e esperanza a chegada dun novo fillo, Apu. Ler máis

Pases 13 e 20 de xullo

Crime e castigo

Aki Kaurismäki

Adaptación da novela homónima de Dostoievski ambientada na Finlandia actual. Un ex-estudante de dereito irrompe no apartamento dun home de negocios e mátao aparentemente sen motivos. Ler máis

Pases 15 e 29 de xullo

River of Grass

Kelly Reichardt

'River of Grass' ten todos os elementos dunha road movie convencional: un coche, unha pistola, plans criminais e dous mozos amantes escapando dun pai furioso que ademais é un oficial de policía suspendido. Ler máis

Ver menos