Retrospectiva Lionel Rogosin

En carteleira

Ver a programación

Volve, África

Lionel Rogosin

Retrato das duras condicións do apartheid a través das vidas dun pequeno grupo de intelectuais locais, con dificultades para atopar traballo e obter o pase que lles permitiría desprazarse na área de Johannesburgo con liberdade. Ler máis

Sobre o Bowery

Lionel Rogosin

Tres días de desesperación nun barrio pobre de Manhattan alcumado “The Bowery”, onde estibadores, prostitutas e sen teito con problemas de alcolismo conviven nun difícil equilibrio. Ler máis

Pase único 10 de decembro

Bos tempos, marabillosos tempos

Lionel Rogosin

Rogosin visitou en dous anos 12 países para recoller imaxes de atrocidades de guerra dos seus arquivos. Estas escenas se intercalan cun luxoso e intranscendente cóctel en Londres, deixando ao descuberto a indiferenza de Occidente ante esta violencia. Ler máis

Pase único 17 de decembro

Raíces negras + Diálogo árabe-israelí

Lionel Rogosin

Dobre sesión na Restrospectiva Lionel Rogosin co filme "Raíces negras", retrato de dúas figuras clave na loita polos dereitos do pobo afroamericano, e "Diálogo árabe-israelí", debate entre un poeta palestino e un xornalista israelí. Ler máis

Pase único 23 de decembro

Fantasía negra

Lionel Rogosin

Baseada nas experiencias do músico afroamericano Jim Collier e o seu matrimonio interracial, "Fantasía negra" combina realidade e fantasía poética para explorar que significa ser unha persoa negra na sociedade branca da época. Ler máis

Pase único 30 de decembro

Leñadores do sur profundo

Lionel Rogosin

Alabama. Leñadores brancos e negros, tradicionalmente enfrontados, únense nunha cooperativa para vender a madeira dos piñeiros que cortan. A necesidade de facer prosperar o negocio obrígaos a vencer vellas rifas nun ambiente de mutua desconfianza. Ler máis