A herba errante
Un grupo de actores ambulantes vai parar a unha pequena poboación costeira. Alí o actor principal reencóntrase cunha antiga amante e cun fillo ilexítimo. Ler máis
Un grupo de actores ambulantes vai parar a unha pequena poboación costeira. Alí o actor principal reencóntrase cunha antiga amante e cun fillo ilexítimo. Ler máis
As irmás Setsuko e Mariko rexentan un pequeno bar en Tokio. Pese a ter medrado xuntas, non poden ser máis distintas: Setsuko, a maior, casou cun home triste e que bebe en exceso; Mariko, a menor, prefire gozar dos pequenos praceres da vida. Ler máis
Dúas irmás viven con seu pai, abandonado pola súa muller. A máis nova tivo unha aventura e quedou embarazada, a maior abandonou o seu marido e volveu co seu fillo á casa paterna. Ler máis
A un home de negocios os seus amigos lle piden acotío consellos sobre o matrimonio, a vida conxugal e familiar. A súa serenidade e agudas análises permítenlle atopar consello atinado para cada situación. Ler máis
No Xapón da postguerra, un home atopa na rúa un neno perdido e lévao á súa casa, pero ninguén quere acollelo, nin sequera por unha noite. Finalmente, faino unha viúva de agre carácter. Ler máis
No Toquio da posguerra, os membros dunha familia de clase media levan unha vida tranquila. A súa única preocupación é a solteiría de Noriko, a filla maior, que xa ten 28 anos. Ler máis
Unha nai esfórzase ao máximo para que seu fillo poida recibir unha boa educación en Tokio. Algúns anos despois vaino visitar dando por suposto que terá unha boa posición. O fillo, está casado e é mestre nunha escola nocturna pero vive na pobreza. Ler máis
A familia Kohayagawa prepárase para casar a moza Noriko, a filla pequena, namentres que a súa irmá Akiko, viúva e con dous fillos, recibe unha proposta de matrimonio dun home cunha boa posición económica. Ler máis
Shubei Hirayama é un viúvo que vive coa súa filla de vintecatro anos. Sentíndose vello e acabado, decátase do inxusto que é que a moza viva única e exclusivamente para coidar del e decide casala. Aínda que ela se resiste a abandonalo, acaba facéndoo. Ler máis
Noriko cumpriu 27 anos e segue solteira. Seu pai, o viúvo profesor Somiya, tenta buscar un bo enlace para a moza. Tras ver frustrado un posible matrimonio con Hattori, un mozo asistente, a súa tía fai crer a Noriko que seu pai ten intención de contraer segundas nupcias. Ler máis