Wos Festival

Filmes xa programados

32 Sounds

Sam Green

Documental inmersivo que profundiza na capacidade do son para modificar o tempo, cruzar fronteiras e alterar a nosa percepción do mundo; mediante 32 exploracións deste fenómeno xérase unha experiencia única. Ler máis

Free Party: A Folk History

Aaron Trinder

Crónica exhaustiva do movemento Free Party que montaba raves gratuítas ao aire libre por toda Inglaterra desde finais dos 80 até mediados dos 90. A "unión de tribos" de travellers, punks, hippies e ácratas desafiou a policía e as leis de propiedade da terra até o punto de que o goberno lexislou especificamente contra aquel estilo de vida nómade. Ler máis

Invisible People

Alisa Berger

Unha representación de múltiples capas sobre a danza xaponesa Butoh, que transita entre a rebeldía, o erotismo, o transo, a oración, a experiencia ancestral e o anonimato físico. O filme arrédase gradualmente do seu tema central e convértese nun retrato xeral da vida mesma, con todos os seus xiros inesperados do destino e estrañas microconexións. Ler máis

Nova 78'

Rodrigo Areias, Aaron Brookner

William S. Burroughs, Patti Smith, Allen Ginsberg, Laurie Anderson, Frank Zappa, Philipp Glass, John Cage e Merce Cunningham, entre outros artistas underground dos 70, conforman o impresionante cartelazo de "Nova '78", documental que recupera a gravación perdida do mítico evento homónimo que tivo lugar nun Nova York en plena efervescencia. Ler máis

Ver máis