WOS Cinema x NUMAX: 7 Limbos

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

WOS Cinema x NUMAX: 7 Limbos

Sete grupos de enmascarados percorren diferentes paisaxes. Nas súas codias levan fósiles debuxados, a presenza dunha identidade descoñecida. Cos seus movementos golpean o chan das cidades e fan vibrar as súas estruturas, a súas construcións, modificando a paisaxe sonora que escoitan os seus habitantes. Contemplan en silencio o colapso das ruínas mentres asisten á morte do legado utópico dos seus creadores. Capturan o vento mentres menean o seu corpo, revelando as voces que foron separadas da linguaxe, os ruídos que foron quitados dos obxectos. 7 Limbos vólvese cara ao espectador e convídao: Ven bailar comigo, non traias nada. 7 Limbos é unha viaxe sonora polas veladuras do espectral.

  • Título orixinal: 7 Limbos
  • Ano: 2019
  • Duración: 71 minutos
  • Dirección: Berio Molina, Alexandre Cancelo
  • Guión: Berio Molina, Alexandre Cancelo
  • Participación: Eva Alfonso, Xiana Arias, Belén Bouzas, Alexandre Cancelo, Ignacio Castro, Isaac Cordal, Sonsoles Cordón, Atenea García, Diego M. Buceta, Fran Martínez, Loreto Martínez Troncoso, Berio Molina
  • Montaxe: Berio Molina
  • Vestiario: Silvia Sánchez, María Paz Quiroga
  • Son: Marco Maril, Berio Molina, Alexandre Cancelo
  • Fotografía: Fon Cortizo, Olalla Lojo
  • Produtora: Acusmaser films, Xas Films, SINSALaudio
(S8) Mostra de Cinema Periférico 2019