La guerre est finie / A guerra rematou
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
La guerre est finie / A guerra rematou
- Cineuropa 2023
- Repertorio
- DCP2K
En 1965, Diego, un militante do Partido Comunista de España, vive exiliado en París. Cruza regularmente a fronteira con identidades falsas, asegurando deste xeito a relación entre os militantes exiliados e aqueloutros que quedaron en España. Á volta dunha misión difícil, Diego comeza a dubidar do sentido das súas accións e dos medios empregados para elas. A súa confrontación cos novos militantes de esquerda, que se converterán nos protagonistas do Maio do 68, é premonitoria da evolución que van experimentar as distintas formas de loita. A inutilidade do esforzo e a súa progresiva decepción con respecto á ideoloxía do Partido desalentan a Diego que, paulatinamente, cae no escepticismo.
- Título orixinal: La guerre est finie
- Ano: 1966
- Duración: 121 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Alain Resnais
- Guión: Jorge Semprún
- Montaxe: Eric Pluet, Ziva Postec
- Fotografía: Sacha Vierny
- Produtora: Anatole Dauman, Gisèle Rebillon, Kathryn Winter