An Angel at My Table / Un anxo na miña mesa

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Proximamente

An Angel at My Table / Un anxo na miña mesa

Janet Frame medra nunha familia humilde de Nova Zelandia e pasa a súa infancia e adolescencia marcada pola timidez, as dificultades para relacionarse e a incomprensión da súa contorna. Diagnosticada erroneamente de esquizofrenia, pasa varios anos internada nun hospital psiquiátrico e sométese a tratamentos que inclúen a terapia electroconvulsiva. A literatura convértese no seu refuxio e na vía para construír unha vida propia, ata acadar o recoñecemento como escritora.

  • Título orixinal: An Angel at My Table
  • Ano: 1990
  • Duración: 158 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Jane Campion
  • Guión: Laura Jones. Baseado nas autobiografías de Janet Frame
  • Elenco: Kerry Fox, Alexia Keogh, Karen Fergusson, Iris Churn, Kevin J. Wilson, Martyn Sanderson
  • Montaxe: Veronika Jenet
  • Fotografía: Stuart Dryburgh
  • Produtora: Bridget Ikin e John Maynard
Venecia 1990 (Gran Premio Especial do Xurado), Toronto 1990 (Premio FIPRESCI), SEMINCI 1990 (Espiga de prata)