Blow-Up
- Repertorio
- DCP 2K
- +12
- VOSE
Blow-Up
- Blow Up. A música no Cinema
- Repertorio
- DCP 2K
- +12
Michelangelo Antonioni, que xa rodara máis de vinte filmes en Italia, tiña a idea de facer unha película a partir do conto de Julio Cortázar "Las babas del diablo", incluído no libro Las armas secretas (1959), sobre un fotógrafo que retrata unha escena dunha parella na distancia. Non foi até que puxo os ollos nun páramo do sureste de Londres, tras parar a tomar unha pinta de cervexa no coñecido pub White Horse en Woolwich, que decidiu filmar a súa primeira longametraxe en inglés.
No argumento que Antonioni escribiu xunto a Tonino Guerra, a historia céntrase nun fotógrafo londiniense que vive para o seu traballo, mentres goza ocasionalmente do sexo fácil, as drogas e a música en directo. O que até entón pasaba por ser unha existencia sen alicientes, sufre unha sacudida ao ampliar as fotos daquela parella que retratou nun parque e na que cre ver un cadáver, descubrindo detalles sobre os que vai armando un crebacabezas que quere desentrañar.
Se a súa trama non ten unha resolución conclusiva é porque esa era a intención do seu director, quen aseguraba que este filme xiraba en torno á relación entre un individuo e a realidade, polo que non se debía aclarar o seu significado. Algún dos seus actores chegou a asegurar que Antonioni non puido concluíla porque esgotou o orzamento. Evidentemente, esaxera, pero do que non cabe dúbida é que o realizador italiano deixou no seu filme a elegancia, vivía as noites en compaña de fotógrafos e modelos, extraendo todo o zume á cidade e ao novo mundo liberado.
Texto de Xavier Valiño
- Título orixinal: Blow-Up
- Ano: 1966
- Duración: 110 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Michelangelo Antonioni
- Guión: Tonino Guerra, Michelangelo Antonioni. Conto: Julio Cortázar
- Elenco: David Hemmings, Vanessa Redgrave, Sarah Miles, Peter Bowles, Jane Birkin, Gillian Hills, Verushka, John Castle, Julian Chagrin, Claude Chagrin
- Montaxe: Frank Clarke
- Dirección de arte: Assheton Gorton
- Vestiario: Jocelyn Rickards
- Música: Herbie Hancock
- Fotografía: Carlo Di Palma
- Produtora: Bridge Films, Metro-Goldwyn-Mayer (MGM)
- Distribuidora: Warner