Cabalo Diñeiro

  • Estrea
  • Online
  • +7
  • VOSG

Cabalo Diñeiro

Nos longos e silenciosos corredores dun hospital, avanza a figura trémula de Ventura, posuído por un soño febril. Lembra o seu Cabo Verde natal, que abandonou na súa xuventude para se gañar a vida en Lisboa, onde, ao igual ca os seus, viviu sempre desprazado. Vitalina, que viaxou a Portugal para asistir ao funeral do seu esposo, recórdalle a Ventura unha pelexa adolescente na que este acoitelou a outro home. Na mente de Ventura ábrese un pasadizo secreto entre a Lisboa actual e o 25 de abril de 1974. Mentres a revolución ruxe nas rúas, a xente busca a Ventura, perdido no bosque.

Filme subtitulado ao galego por NUMAX grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Coa colaboración de NUMAX Distribución

  • Título orixinal: Cavalo Dinheiro
  • Ano: 2014
  • Duración: 105 minutos
  • Idioma orixinal: Portugués
  • Dirección: Pedro Costa
  • Guión: Pedro Costa
  • Elenco: Ventura, Vitalina Tavares Varela, Tito Furtado, Benvindo Tavares, António Santos, Alberto 'Lento' Barros, Pedro Tavares, Isabel Cardoso, António Semedo, Luiz Mendonça, Arlindo Pina
  • Montaxe: João Dias
  • Son: Olivier Blanc, Vasco Pedroso, Hugo Leitão, Éve Correa-Guedes, Branko Neskov
  • Música: Os Tubarões
  • Fotografía: Leonardo Simões, Pedro Costa
  • Produtora: OPTEC, Sociedade Óptica Técnica (Portugal)
  • Distribuidora: NUMAX Distribución
Locarno 2014 (mellor dirección), Atenas 2014 (mellor filme), Mar del Plata 2014 (mención especial), IBAFF 2015 (mellor filme), Cine PE Festival do Audiovisual de Brasil 2015 (mellor dirección, guión e fotografía), Munich 2015 (mellor filme estranxeiro), Filmadrid 2015 (Premio especial da Competición Internacional).