NUMAX na casa

Filmes xa programados

A alegría das pequenas cousas

Daniele Luchetti

Como cada mañá Paolo sobre á súa escúter para ir ao traballo. Ao atravesar un cruce co semáforo en vermello, atropélao un camión e Paolo falece. Pero por un erro de cálculo no paraíso, Paolo obtén unha hora e media máis para vivir despois da morte. 90 minutos para conseguir o que realmente conta na vida: estar coas persoas que más queres. Ler máis

A miña noite con Maud

Éric Rohmer

Jean-Louis, un enxeñeiro católico de trinta anos, descobre un día á saída de misa a Françoise, unha muller loira, e sente que algún ha casar con ela, pero pérdea entre a multitude. Ler máis

A miña vida con Amanda

Mikhaël Hers

David é un mozo de 20 anos de París que se dedica a vivir o presente. Gáñase a vida con pequenos traballos, e evita tomar decisións que o comprometan. É solitario e soñador. Un día namora de Lena, unha veciña que acaba de chegar. Ler máis

A paixón na arte

Phil Grabsky

Documental que explora a representación da Semana Santa na arte, desde a época dos primeiros cristiáns até a actualidade. O acontecemento da morte e resurrección de Cristo dominou a cultura occidental durante os últimos 2000 anos e é un dos motivos máis representados polos grandes artistas da historia. Ler máis

Ver máis