Camionero

  • Estrea
  • VO
Proximamente

Camionero

Cando apagan os motores, os camioneiros e as camioneiras pescan, conversan, fan o amor, buscan, bailan, rezan… Pero, sobre todo, agardan, detidos á beira das estradas arxentinas, suspendidos nunha estraña dimensión do tempo mentres todo ao redor segue en movemento. Conversas fugaces, interferencias radiofónicas, paisaxes desencaixadas, gasolineiras, áreas de servizo, talleres de pneumáticos e moteles acumúlanse como nun soño crepuscular. Camionero é unha viaxe melancólica por un mundo a piques de desaparecer.

Francisco Marise é un cineasta arxentino afincado no País Vasco. Estudou Deseño de Imaxe e Son na Universidade de Bos Aires e cinema documental na Escola Internacional de Cinema e Televisión de San Antonio de los Baños, en Cuba. A súa primeira longametraxe, Para la guerra (2018), estreouse na sección Novos Directores do Festival de San Sebastián. Camionero é a súa segunda longametraxe.

  • Título orixinal: Camionero
  • Ano: 2026
  • Duración: 85 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Francisco Marise
  • Guión: Javier Rebollo, Francisco Marise
  • Elenco: Gabriel Bueno, Walter Alberto Romairone, Alejandro Rinaldi, Hugo Américo Bullón, Leandro Menénde
  • Montaxe: Mayra Morán, Francisco Marise
  • Fotografía: Jorge Rojas
  • Produtora: Olmo Figueredo González-Quevedo, Ezequiel Seguí, Carlos Rosado Sibón, David Pérez Sañudo, Francisco Marise
SEMINCI 2026 (Tempo de Historia)