Cineuropa 2021 - Carceller. El hombre que murió dos veces

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Cineuropa 2021 - Carceller. El hombre que murió dos veces

O documental descobre a historia de Vicente Miguel Carceller, un editor comprometido coa liberdade, que co seu semanario ‘La Traca’ conectou co pobo e mantivo un pulso co poder desde 1909 ata 1939, chegando a ter unha tirada de medio millón de exemplares semanais. Un hedonista, festivo e transgresor que, cos seus artigos e ferintes viñetas contra a igrexa, o rei e xenerais fascistas como Franco e Queipo de Llano, converteu o seu éxito en destino. En 1940, Carceller e Carlos Gómez Carrera (alias Bluff), editor e debuxante do semanario, serán dobremente silenciados, por un pelotón de fusilamento primeiro e pola censura franquista despois.

Ricardo Macián (Valencia, 1963)
Enviado especial de TV (C9) a zonas de conflito como Yugoslavia, Guerra do Golfo, Albania, Somalia ou Afganistán. É guionista e director de Los ojos de Ariana, sobre como nove trabajadores del Afghan Films salvaron miles de filmes da queima talibán; Ivi Marae, Tierra sin mal, Carceller, Cave to Cave, La poesía anda por las calles ou Microasesinos.

 

  • Título orixinal: Carceller. El hombre que murió dos veces
  • Ano: 2021
  • Duración: 99 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Ricardo Macián
  • Guión: Ricardo Macián
  • Elenco: Pep Plaza, Paco Alegre, J.M. Gurillo, Lola Moltó, J.M. Casany, Bruno Tamarit, Resu Belmonte
  • Montaxe: Miguel Ángel Villa Guerra
  • Fotografía: José Milán, Pablo González
  • Produtora: Fausto J. Atienza, Antonio Mansilla, Nacho Navarro