Chile, la memoria obstinada

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VO
Pase único 22 de outubro

Chile, la memoria obstinada

No ciclo In Memoriam, recordamos a figura do gran documentalista chileno Patricio Guzmán coa proxección dunha das súas obras máis emocionantes presentada pola cineasta Margarita Ledo Andión.

En 1997, máis de dúas décadas despois dos feitos que filmara no lendario documental "La batalla de Chile", Patricio Guzmán volve a Santiago cámara en man. O seu obxectivo é buscar algúns dos protagonistas dese documental, aos que participaron nos feitos relatados. "Chile, la memoria obstinada" non é un exercicio de nostalxia. É, antes que nada, una sentida reflexión sobre o esquecemento programado, sobre a prohibición de recordar, sobre as trampas que a memoria nos xoga e tamén unha ollada ás novas xeracións e a súa fragmentaria opinión sobre o Chile que pasou.

  • Título orixinal: Chile, la memoria obstinada
  • Ano: 1997
  • Duración: 57 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Patricio Guzmán
  • Guión: Patricio Guzmán
  • Música: Robert Marcel Lepage
  • Fotografía: Éric Pittard, Pablo Saura
  • Produtora: La Sept-Arte, Les Films d'Ici, National Film Board of Canada (Canadá)