In Memoriam

En carteleira

Ver a programación

O home elefante

David Lynch

A finais do século XIX, o doutor Frederick Treves descobre nun circo a un home chamado John Merrick. Trátase dun cidadá británico coa cabeza monstruosamente deformada, que vive nunha situación de constante humillación e sufrimento ao ser exhibido diariamente coma unha atracción de feira. Ler máis

Estrada perdida

David Lynch

Fred Madison, un músico de jazz que vive coa súa esposa Renee, recibe unhas misteriosas fitas de vídeo nas que aparece unha gravación del coa súa esposa dentro da súa propia casa. Ler máis

Twin Peaks. Fogo camiña comigo

David Lynch

Precuela da famosa serie televisiva 'Twin Peaks' na que percorremos os derradeiros sete días de Laura Palmer. Durante o día, Laura é unha popular estudante modelo no instituto. Pola noite asfíxiase entre drogas e sexo até a adición. Ler máis

Filmes xa programados

A porta do ceo

Michael Cimino

No verán de 1870, Averill e Irvine rematan os seus estudos na Universidade de Harvard. Vinte anos despois, viven circunstancias moi distintas. Averill, converteuse en sheriff e Irvine é membro da asociación Stock Growers de Agricultores. Ler máis

Fat City

John Huston

En Stockton, cidade de California, un veterano púxil en decadencia que sobrevive traballando como xornaleiro agrícola, coñece a un mozo que quere ser boxeador e a quen lle recomenda o seu antigo mánager, outro perdedor. "Fat City" é unha expresión da xerga puxilística que significa "Paraíso na terra". Ler máis

Mulholland Drive

David Lynch

Betty Elms (Naomi Watts), unha moza aspirante a actriz, chega a Los Ángeles para converterse en estrela de cine e alóxase no apartamento da súa tía. Alí coñece á enigmática Rita (Laura Harring), unha muller que padece amnesia a causa dun accidente sufrido en Mulholland Drive. Ler máis

O intruso

Roger Corman

Un home con traxe branco chega a unha pequena vila do Sur dos Estados Unidos en vésperas da integración. O seu nome é Adan Cramer e autoproclámase reformador social. Pero o seu obxectivo é incitar á poboación branca a que non permita que os nenos negros entre na escola da vila. Ler máis

Ver máis