Cineuropa 2020 - Apples

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Cineuropa 2020 - Apples

No medio dunha pandemia mundial que causa amnesia repentina, Aris atópase inscrito nun programa de recuperación deseñado para axudar aos pacientes non reclamados a construír unha nova identidade. Con tarefas diarias prescritas en cintas de casete para que poida crear novas lembranzas e documentalos coa cámara, Aris regresa á vida cotiá e coñece a Anna, unha muller tamén en proceso de recuperación.

A través de imaxes inexpresivas, estrañas e surrealistas, Christos Nikou expón unha cativadora reflexión sobre a memoria, a identidade e a perda, explorando como unha sociedade podería manexar unha epidemia irreversible a través do relato de autodescubrimento dun home. Somos a suma das imaxes que compilamos e mostramos de nós mesmos, ou somos algo máis rico e fondo?

 

  • Título orixinal: Apples
  • Ano: 2020
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Grego
  • Dirección: Christos Nikou
  • Guión: Christos Nikou, Stavros Raptis
  • Elenco: Aris Servetalis, Sofia Georgovassili, Argyris Bakirtzis, Anna Kalaitzidou
  • Música: The Boy
  • Fotografía: Bartosz Świniarski