Cineuropa 2018 - Primas

  • Estrea
  • VO

Cineuropa 2018 - Primas

Primas é un retrato evocador de dúas curmás adolescentes arxentinas, Rocío e Aldana, que tras sufrir abominables actos de violencia que interromperon as súas infancias, logran liberarse dos afogos do pasado. Nas súas viaxes por Arxentina e Montreal, as rapazas alcanzan a madurez tendo experiencias reveladoras nas súas vidas cotiás; aprendendo danza, mimo, teatro, circo e artes visuais. Rocío e Aldana expresan a través dos seus corpos o que só as súas singulares perspectivas e unha inquebrantable capacidade de resiliencia poden revelar.

 

  • Título orixinal: Primas
  • Ano: 2017
  • Duración: 100 minutos
  • Dirección: Laura Bari
  • Guión: Laura Bari
  • Elenco: Rocío Álvarez, Aldana Camila Bari Gonzalez
  • Música: Florencia di Concillio, Marco Liy, Juan Pablo Fernandez
  • Fotografía: Laura Bari
Premio do público no Mar del Plata Film Festival 2017, Premio do xurado no CineLatino Rencontres de Toulouse, Premio do xurado no !F Istanbul Independent Film Festival, Gran premio do xurado no DOXA de Canadá