Cineuropa 2018 - SPK Komplex / Complexo SPK
- Estrea
- VOSE
Cineuropa 2018 - SPK Komplex / Complexo SPK
- Cineuropa 2018
- Estrea
O Colectivo Socialista de Pacientes (en alemán Sozialistisches Patientenkollektiv, e coñecido polas súas siglas SPK) foi unha organización esquerdista de pacientes psiquiátricos da Policlínica da Universidade de Heidelberg, fundada por Wolfgang Huber en 1970. Combatía a medicina e aos médicos como inimigos de clase, vía o capitalismo como a causa das enfermidades físicas e mentais e usaba a enfermidade como arma contra a sociedade capitalista. Axiña comezaron os enfrontamentos coa Universidade de Heidelberg e as autoridades locais. O conflito intensificouse rapidamente e deu lugar á radicalización do SPK. O seu experimento de terapia grupal finalmente terminou en arrestos, prisión e a revogación da licenza de Huber para practicar a medicina.
- Título orixinal: SPK Komplex / Complexo SPK
- Ano: 2018
- Duración: 115 minutos
- Idioma orixinal: Alemán
- Dirección: Gerd Kroske
- Guión: Gerd Kroske
- Montaxe: Olaf Voigtländer, Stephan Krumbiegel
- Música: Milena Kipfmüller, Klaus Janek